-BARRA DE TRANSPORTE: Permítenos controlar as opcións de avance e retroceso das pistas de audio.

-INTENSIDADE: Podemos aumentala ou diminuíla seleccionando os trianguliños que aparecen nas esquinas superiores dereita e esquerda subíndoas ou baixándoas. Isto permite, por exempl,o comezar con pouca intensidade e rematar con moita coma se de un creccendo se tratase.
-CORTAR, COPIAR E PEGAR: É tan sinxelo como seleccionar co rato un fragmento do audio e co botón dereito seleccionar a opción desexada. Isto permite por exemplo escoller o fragmento que máis te guste descartando todo o demais.
-BOTÓN DEREITO: Con el podemos introducir cambios máis elaborados como por exemplo darlle a volta a secuencia de audio escollida facendo que comece polo final e remate no principio soando do revés.
O ideal para este programa é utilizar diferentes arquivos de música mesturados entre si, ós que aplicándolle modificacións como as explicadas arriba, poden dar moi boas e complexas melodías.
